viernes, 27 de octubre de 2017

A represión das fantasías sexuais


Hoxe gustaríame falar das fantasías sexuais e a represión destas enfocándoo na película que vimos recentemente en Psicoloxía, Un método perigoso.




Otto Gross afirma na película que os instintos sexuais non deben tentar controlarse e que a sexualidade debe de ser aberta e polígama. Con todo, polo feito de vivir en sociedade axustámonos a unhas normas que ditan o que é normal e o que non acerca deste campo. Por iso, é común que por sentimentos de culpabilidade rexeitemos estes pensamentos e tentemos evitalos. Pero moitos estudos afirman que as parafilias sexuais teñen a súa orixe nestas fantasías que se suprimen e fanse máis fortes por estar prohibidas, o cal non fai máis que empeorar o problema.

Centrémonos no caso de Sabina Spielrein tal e como se mostra na película. Ela sente desexos sexuais masoquistas por un trauma infantil, concretamente os abusos do seu pai. Débense reprimir e tentar facelos desaparecer ou se debe tentar que a paciente os acepte e deixe de sentirse culpable? Un dos métodos usados que se demostrou máis efectivo é o modelo cognitivo- conductal, no que se utilizan estímulos negativos para reducir ou eliminar o comportamento. O principal problema disto é que en moitos casos non fai máis que causar máis represión que non fai máis que alimentar a parafilia. Pero permitir que a paciente se entregue aos seus desexos parece algo perturbador tendo en conta a orixe destes, ademais de que poden ser perigosos fisicamente en moitos casos



Atopar a raíz do problema psíquico de Spielrein é complicado pola culpabilidade e vergoña que ela sente pola súa excitación e pensamentos acerca das súas fantasías. Se as prácticas das súas fantasías fosen socialmente aceptadas, quizá esta culpa desaparecería e con ela os problemas psicolóxicos que estas conveñen. Jung acaba por deitarse con ela e levar á vida real as súas fantasías, o que a pesar de dar renda solta á parafilia non parece prexudicala, mesmo parece axudala a superar os seus propios prexuizos e problemas.

Para finalizar gustaríame engadir que, aínda que historicamente a película non estivese axustada do todo á realidade, paréceme que nos mostra un enfoque interesante na psicoloxía e na psicanálise ademais de arroxarnos algo de luz acerca do papel da sexualidade nos trastornos psicolóxicos segundo Freud.

Fontes:
Biografía de Sabina Spielrein y biografía de Otto Gross.
Acerca do masoquismo sexual e da sensación de culpa en las fantasías sexuales.
Acerca de Un método peligroso.

Iván Castro Valledor

jueves, 26 de octubre de 2017

Diferencias entre Freud e Jung

Resultado de imagen de un método peligroso reparto
Freud e Jung mantendo unha conversa en "un método perigoso"
  Na película "Un método perigoso" podemos ver como os dous protagonistas aínda que ambos son psicanalistas e viven nunha mesma época social teñen puntos de vista diferentes.

  Mentres Freud ve a psicoloxía como a maneira de dicirlle ao paciente que é o que lle ocorre, é dicir, a enfermidade ou o trastorno que sufre, Jung ve a posibilidade de explicarlle aos seus pacientes cal é a persoa que realmente quere ser, esa que o seu subconsciente coñece pero que non é quen de transmitir cara o exterior.

  Outra diferenza ten que ver coa relixión, xa que, Freud non se mete nela, porque pensa que as condutas dos pacientes non están ligadas a relixión que estes teñan como propia e sobre todo porque quere deixar claro que a psicoloxía é unha practica racional, separándose así de relixións ou de supersticións; pola contra Jung opina que as condutas son aprendidas pola sociedade que rodea a esa persoa, polo tanto, as súas crenzas tamén lle afectan na maneira de actuar.

  Se queremos apreciar un resumo da película ou un trailer podemos facelo aquí.
   Se alguén quere consultar a Biografía de Freud pode pinchar aquí e para ver a de Jung aquí.

lunes, 23 de octubre de 2017

UN MÉTODO PERIGOSO

UN MÉTODO PERIGOSO

Hoxe comezamos unha serie de comentarios sobre a película de David Cronemberg. 



Van abaixo unha serie de enlaces que vos permitirán indagar na película a través dos seus críticos:
http://www.elespectadorimaginario.com/pages/febrero-2012/criticas/un-metodo-peligroso.php
https://www.espinof.com/criticas/un-metodo-peligroso-mentes-fascinantes
http://www.copmadrid.org/webcopm/publicaciones/clinicacontemporanea/cc2013v4n1a9.pdf
http://www.publicacions.ub.edu/bibliotecadigital/cinema/filmhistoria/2012/1/film08.html

Sobre a relación entre Jung e Freud na película
http://loshistericos.blogspot.com.es/2013/11/un-metodo-peligroso.html
https://prezi.com/nfjmudodsyrv/analisis-de-la-pelicula-un-metodo-peligroso/

É a Psicanálise un método perigoso? http://www.lagaceta.com.ar/nota/559192/la-gaceta-literaria/el-psicoanalisis-metodo-peligroso.html

Cal é a diferencia no tratamento e explicación da enfermedade psiquica entre a teoría de Jung e de Freud: http://www.psicologia-online.com/pir/diferencias-fundamentales-entre-freud-y-jung.html

Que críticas poderían facerse aos estereotipos femininos que aparecen na película? e aos comportamentos masculinos? http://prodavinci.com/2012/11/25/artes/sobre-un-metodo-peligroso-por-manuel-llorens/

CINE E PSICOLOXÍA

Comezamos hoxe unha serie de entradas que poderás localizar na etiqueta Psicoloxía e cine, clasificadas nas diferentes seccións do curso.
O cine é un recurso estupendo, tanto para aproximarnos á historia da Psicoloxía como a algunhas das patoloxías que trata e os método que utilizou ao longo da súa breve historia.

Podedes atopar algunhas suxestións nos artigos seguintes:
https://genial.guru/psicologia/20-incisivas-peliculas-acerca-de-la-mente-humana-410/
https://psicologiaymente.net/cultura/peliculas-sobre-psicologia#!
https://genial.guru/creacion-arte/15-peliculas-que-pondran-a-prueba-tu-mente-72205/

Pola nosa parte durante o curso traballaremos coas seguintes películas:

Un método perigoso. de David Cronemberg



Despertares de Penny Marshall 




Memento de Christopher Nolan


Inside Out de Pete Docter

El Maquinista de Christian Bale

Non, a Psicoloxía non é sinónimo de "autoaxuda"

Neste primeiro post do curso

De seguro que ti non, pero moita xente pensa "estudar psicoloxía" para comprenderse mellor a sí mesmo. Porén esa proposta de coñecerse a un mesmo non é o mais saúdable para achegarse á Psicoloxía... A Psicoloxía é un campo de coñecemento, non unmanual de autoaxuda e os psicólogos adoitan buscar axuda noutros e non tratarse a sí mesmos, así que si estás pensando en estudar psicoloxía igual tes que ver o vídeo seguinte e leer algún dos artigos que  te propoñemos.
http://www.xatakaciencia.com/psicologia/el-mito-de-conocerse-a-uno-mismo
http://www.huffingtonpost.es/constanza-michelson/el-bluff-de-buscarse-a-si_b_11060420.html?utm_hp_ref=spain