SERES PENSANTES



O trazo máis característico dos seres humanos é posiblemente a súa capacidade de aprendizaxe. A aprendizaxe dos seres humanos é unha aprendizaxe social, que a diferenza da aprendizaxe animal non se reduce a unha mera imitación ou reprodución, senón que implica procesos creativos autónomos que fan posible unha evolución de coñecemento da especie. Ate o momento a Psicoloxía ten achegado varias teorías sobre como aprendemos os seres humanos e de que forma podemos modular e mellorar esa aprendizaxe, pero aínda non hai ningunha teoría definitiva e todas achegan elementos interesantes ao estudio deste proceso, como a teoría da aprendizaxe significativa, explicada no seguinte fragmento da película "Buscando a Nemo"

Unha das recentes achegas da Psicoloxía á educación é a relación entre emocións, motivación e aprendizaxe. 

Como aprender e aprender mellor é unha das tarefas que seguen sendo prioridade en todos os sistemas educativos do mundo e aos que a Psicoloxía dedica boa parte dos seus programas de investigación. Na actualidade, neste mundo de información e coñecemento, esta tarefa tornouse prioritaria para os estados, os individuos e as empresas. Desta forma o campo da aprendizaxe impregna todos os sectores do noso mundo. Especialmente importante son as investigacións no campo das neurociencias acerca das capacidades do cerebro humano, os factores que interveñen no desenvolvemento da intelixencia. Algúns dos seus froitos están comezando a aplicarse timidamente nos ámbitos educativos. 



Outro campo especialmente fructífero é o campo da intelixencia artificial. As aplicacións no campo da investigación psicolóxica son importantes, pero tamén semella que serán importantes as súas achegas ao campo da formación de terapeutas e da aplicación das terapias a pacientes, como no tratamento das fobias, ou na simulación de entornos para modificar as condutas. 

http://www.cibersociedad.net/congres2009/es/coms/psicologia-artificial--que-aporta-la-interaccion-con-robots-seres-y-ambientes-simulados-al-ser-humano/642/


Queiramos ou non teremos que interactuar con maquinas nun futuro, na preparación do ser humano para esa interacción tamén ten un papel a Psicoloxía. A interación con máquinas similares ao ser humano traerá consigo trastornos da conduta, ben por evitación, ben por excesivo apego, disfuncións no sentido da realidade e mesmo novas posibilidades para a vida humana en contextos virtuais. Quizais non estea tan lonxe o mundo descrito no episodio "San Junípero" da terceira temporada da serie Blak Mirror.
http://www.eldiario.es/hojaderouter/ciencia/mind_uploading-transferencia_mental-inmortalidad-ciencia_0_560644727.html


No hay comentarios:

Publicar un comentario