sábado, 21 de abril de 2018

A influencia da educacion no comportamento.



  A película «A milagre de Anne Sullivan» amosanos como unha nena que, a causa dunhas febres que sofre ao nacer, queda cega e practicamente incomunicada co resto do mundo. As dificultades que esta «enfermidade» lle provoca supoñen un comportamento por parte dos pais que remata provocando que Hellen (a nena ) faga o que quere sen consecuencias. Coa chegada de Anne, a mestra de Hellen, a situación de liberdade excesiva na que a nena se atopa vese ameazada e todas as concesións que os pais de Hellen fixeron ata o momento non axudaran en absoluto á intrucción da súa filla.

  A actitude concesiva, tanto da nai como do pai, son totalmente contraproducentes e un sintoma de desesperación. Por unha banda, a nai é incapaz de tomar uha postura estricta cara a súa filla, debido á cmpaixón que sinte por ela, e trata de defendela en cadaocasión na que entra en conflicto con Anne. Polo outro lado, o pai de Hellen non se involucra como debería na educación e coidado da súa filla devido en parte á época na que esta ambientada a película. Ademáis, vendo que a súa filla non progresa como debería, trata de librarse da carga que esto supón mandándoa a un centro «especializado» no que coodarán de ela como si de unha anciá se tratara.

  Como calqueira outro neno, Hellen observa e aprende todo o que pode do que sucede ao seu redor, adoptandoo como habitual. Como a actitude dos pais é a de ceder ante todas as esixencias da súa filla, esta está acostumada a que esto pase. Como consecuencia orixina o conflicto entre Hellen e Anne. A actutude de Anne é moi diferente á dos pais, e non deixa que a nena faga «o que lle ven en gana».

  Por outra banda, a compaixón que os pais sinten influe negativamente nas espectativas dos mesmo de cara aos avances da súa filla. Esto provoca que se conformen con que Hellen coma con cubertos e sente á mesa, cando a lavor da mestra (ensinala a comunicarse nunha primeira instancia e a comprender o mundo que a rodea) ainda non comezara sequera. A actitude da mestra, quen pretende que Hellen comprenda todas as palabras que esta a aprender, non se completará ata o final da película tras dias de insistencia e unha volta atras no comportamento de Hellen, que se decatou de que se atopaba na situación inicial ao volver a súa casa e se refuxiou na súa nai cando Anne tratou de redirixila.

  Definitivamente a conduta dos pais de Hellen no axuda a Anne a ensimar o mundo á súa alumna máis conseguirao grazas á perseverancia da que dispón e á esperanza de que a mente de Hellen faga o «clik» que supón a comprensión das palabras como realidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario