martes, 17 de mayo de 2016

Este é o blog da materia Psicoloxía no Bacharelato que seguirá o curso académico, amosará os resultados do traballo durante o curso e recollerá diferenes elementos que nos permitirán traballar mellor a material.

As páxinas deste blog son 6, que se corresponden cos 6 temas que traballaremos durante o curso. Nelas poderedes atopar información que vos permita ampliar e completar a información da clase (vídeos, imaxes, comentarios de películas e libros información, artigos e lecturas). 

  1. A Chave da Alma, tratará de levarnos a un percorrido pola historia recente da psicoloxía, a súa conformación como ciencia, os seus métodos e as súas distintas facianas.
  2. O Corazón da máquina exporá o funcionamento do sistema nervioso humano en relación á conduta, ao pensamento e as emocións dos seres humanos, na tarefa de entendernos mellor a nós mesmos.
  3. Os ladrillos da mente percorrerá as actividades básicas que constrúen a mente humana: sensación, percepción e memoria. Os seus resultados son os ladrillos fundamentais que permiten os procesos de pensamento superior.
  4. Seres Pensantes nos introducirá nos distintos factores da intelixencia humana, na súa comprensión e medición e tamén na forma que temos de aprender e na nosa capacidade de mellora como  individuos e como especie. 
  5. Ser un memo afonda nos factores que conforman a personalidade e a nosa conduta: motivacións, emocións. Tamén se detén nas características innatas e adquiridas que nos definen como persoas e os trastornos principais que nos afectan.
  6. Dime con quen andas sitúa a psicoloxía como ferramenta no ámbito laboral, de xestión de grupos e organización, amosando a súa aplicación a contextos sociais.
Ademáis tamén podes usalo como portal de noticias, seguimento dos mellores traballos do alumnado e facer comentarios e consultas. 

Ademáis estará vinculado a unha páxina da materia en Facebook, onde recolleremos as achegas de maior utilidade e mais transversais que non teñan cabida neste formato. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario