Ao ser humano o que máis lle interesou sempre
foi o seu propio eu. É característico das formas de conciencia máis
desenvolvidas a preocupación por analizar e comprender o seu propio
comportamento, a súa actividade mental e os límites que definen a súa capacidade
de relacionarse co mundo. A autoconciencia
é a máxima expresión disto, por iso a especulación psicolóxica acompañou a
reflexión humana desde os seus inicios. Tan importante foi para o noso
desenvolvemento como especie a investigación científica sobre o mundo exterior,
coma a investigación sobre a nosa propia psique.
Porén a Psicoloxía é unha ciencia recente. Durante séculos formou parte do estudo da alma e a mente na Filosofía e só no século XX se separou desta rama do saber para converterse en ciencia empírica
A letra grega PHY é o símbolo da psicoloxía. A explicación atópamola no mito de Eros e Psique
No hay comentarios:
Publicar un comentario