SER UN MESMO



A vida psíquica dos humanos non se reduce aos procesos de aprendizaxe ou á capacidade de coñecemento abstracto, senón que inclúe numerosas funcións que chamamos, xeralmente, emocionais e que son diferentes ás funcións intelectuais, aínda que moitas veces se atopan asociadas a estas. O conxunto de funcións psíquicas que reúne emocións, sentimentos e paixóns son o eixo sobre o que xira a conduta humana e condiciona o conxunto da personalidade así como o que de feito podemos aprender.

As decisión ao longo da vida van configurando a nosa personalidade e nelas pesan moito as emocións, as actitudes e os sentimentos personais. 



Pero que é a personalidade? Qué factores inflúen nela? 


Unha personalidade sana é fundamental para el individuo, repercute tanto na felicidade individual como no encaixe no grupo social. Diversas teorías sobre a personalidade tentan explicar como se conforma esta. Unha das primeiras foi a Psicanálitica.



Os elementos básicos da personalidade son o temperamento e o carácter, un inmutable e xenético o outro en permanente construción ao longo da vida.





No hay comentarios:

Publicar un comentario