DIME CON QUEN ANDAS



A inmadureza do ser humano, a súa necesidade do grupo para a supervivencia e a comunicación que supón esta vida grupal, son os tres factores que permiten a aprendizaxe no ser humano. Aínda que todos estes acontecementos tiveron unha orixe xenética, o seu alcance vai moito máis aló da determinación xenética a aprender unha linguaxe ou unhas normas de vida en grupo. Nos diferentes grupos estes tres factores xúntanse para dar lugar a formas de vida diferentes, adaptadas en cada caso ás condicións da natureza circundante, pero creando tamén novos comportamentos, ferramentas e símbolos que permiten non só a adaptación e a supervivencia no medio natural, senón tamén a mellora da actividade do grupo e unha serie de producións que superan con moito as necesidades inmediatas de supervivencia.

O traballo é unha das facetas da vida humana que mais inflúe no benestar da persoa, non só polo tempo que lle adicamos, senón polo que ten que ver co factor de autorealización, tan importante na definición da nosa personalidade. 



A Psicoloxía laboral pretende mellorar os ambientes de traballo e permitir o progreso da persoa dentro destes, así como a resolución de conflitos.


Tamén a mellora das organizacións e empresas para un desempeño mais eficiente e uns resultados óptimos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario