OS LADRILLOS DA MENTE




Qué é a mente? podemos definila como un sistema complexo que permite  a aprendizaxe, o control das accións do ser humano, a conciencia do mundo que nos rodea e, tamén a propia autoconciencia. 
Para estudiar a mente humana, establecemos 3 niveis: 
  1. O nivel fisiolóxico, baseado en procesos bioquímicos, cuxa unidade básica é a neurona.
  2. O nivel cognitivo, que no que se constrúen as representacións da realidade e que constitúen a base do noso aprendizaxe e do noso coñecemento do mundo.
  3. O nivel estándar, no que se constrúe a personalidade do individuo.Para a comprensión da mente a este nivel debemos estudar as relacións do nivel cognitivo na interacción coas outras mentes a nivel social e cultural. 

Neste apartado estudaremos o nivel cognitivo, nas súas estruturas básicas: percepción e memoria. 


Hoxe sabemos que a información recibida polo individuo é procesada pola mente, de forma que  vai construíndo  as súas estruturas ao longo do proceso de desenrrolo mental que dura toda a súa vida. Este proceso non é o mesmo en todos os individuos, xa que factores xenéticos, ambientais e mesmo nutricionais xogan un papel esencial no desenrollo biolóxico do noso cerebro e tamén na capacidade que este ten de procesar información, tanto a nivel consciente como inconsciente.. 



Pero como construimos a mente. Se a base da mente está no proceso de recollida de información do mundo: sensacións e percepcións, entón o primeiro que temos e que estudar como se constrúen esas sensacións e percepcións na nosa mente.




Este estudios dos procesos polos que recollemos a información do mundo para construír percepcións, levan á idea de que a nosa mente é en realidade un xenial simulador de realidade virtual, que de feito a realidade crease na mente.



Os procesos básicos polos cales recollemos información e creamos imaxes na nosa mente son tres: percepción, imaxinación e memoria.


 Os datos que recollemos ao longo da nosa vida almacenánse na memoria e van dando forma á nosa biografía e á nosa mente.


 Pódese vivir sin memoria? Parece que si, pero a nosa vida cambia radicalmente e o noso eu tamén. Un caso paradigmatico e o caso de HM:

No hay comentarios:

Publicar un comentario