Freud e Jung mantendo unha conversa en "un método perigoso" |
Na
película "Un método perigoso" podemos ver como os dous protagonistas aínda
que ambos son psicanalistas e viven nunha mesma época social teñen puntos de
vista diferentes.
Mentres Freud ve a psicoloxía como a maneira de dicirlle ao paciente que é o que lle ocorre, é dicir, a enfermidade ou o trastorno que sufre, Jung ve a posibilidade de explicarlle aos seus pacientes cal é a persoa que realmente quere ser, esa que o seu subconsciente coñece pero que non é quen de transmitir cara o exterior.
Outra
diferenza ten que ver coa relixión, xa que, Freud non se mete nela, porque
pensa que as condutas dos pacientes non están ligadas a relixión que estes
teñan como propia e sobre todo porque quere deixar claro que a psicoloxía é unha practica racional, separándose así de relixións ou de supersticións; pola
contra Jung opina que as condutas son aprendidas pola sociedade que rodea a esa
persoa, polo tanto, as súas crenzas tamén lle afectan na maneira de actuar.
Se queremos apreciar un resumo da película ou un trailer podemos facelo aquí.
Se alguén quere consultar a Biografía de Freud pode pinchar aquí e para ver a de Jung aquí.
Se queremos apreciar un resumo da película ou un trailer podemos facelo aquí.
Se alguén quere consultar a Biografía de Freud pode pinchar aquí e para ver a de Jung aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario