jueves, 30 de noviembre de 2017

Inside out. Unha viaxe pola mente

INSIDE OUT
AS EMOCIÓNS, OS RECORDOS, AS DECISIÓNS E A PERSONALIDADE


Na película Inside Out podemos coñecer da man de Riley,  a protagonista, como procesa a nosa  mente os recordos, as emocións e a  percepción da realidade, como construímos nosa  personalidade a través deses procesos e tambien  como se producen as alteracións psicolóxicas que poden dificultar a nosa  maduración psicolóxica. Todo iso a través dunha explicación da mente que utiliza, desde as teorías mais actuais da memoria e as emocións, a unha representación da estrutura biolóxica do cerebro e da estrutura psicologíca desenvolvida pola psicanálise.
Propoñémosche que realices a túa propia valoración da película elixindo unha escena significativa (describe a escena e sitúaa en minutos na cinta) e explicando porque é importante, que relación garda ben coa explicación do cerebro, ben coa conformación psicolóxica da mente, ben coa  explicación da conduta ou tamén coa  formación da personalidade.
Finalmente fai unha valoración persoal  da película.



No hay comentarios:

Publicar un comentario