jueves, 18 de enero de 2018

Un método perigoso // Disputa entre Jung e Freud

Disputa entre Jung e Freud

Resumen da película

Antes de nada, insértovos un link no que poderedes ler un resumo da película por si queredes porvos en situación.

http://www.tecuentolapelicula.com/peliculassz/unmetodopeligroso.html


Tráiler:


Disputa entre Jung e Freud

Para entender a disputa que estos psicoanalistas tiveron, vou comezar por presentar algunhas das diferenzas nas súas teorías.


FREUD
-O INCONSCIENTE : Posúe as pulsacións máis primitivas e reprimidas do ser humano movilizado por unha enerxía chamada líbido.
-LÍBIDO: Enerxía sexual.
-ESTRUTURA PSÍQUICA: Divídese en consciente, preconsciente e inconsciente.

JUNG
-O INCONSCIENTE: É onde está todo aquilo que fai ao home un ser creativo e en búsqueda do seu autodesarrollo.
-LÍBIDO: Enerxía psíquica máis xeral e vital, mais non é netamente sexual.
-ESTRUTURA PSÍQUICA: Inconsciente e consciente colectivo.

O doctor Jung explica parte das súas teorías con unha base bastante inclinada cara a superstición e o misticismo con ideas como a parte colectiva do inconsciente, que todo o mundo comparte de xeito completamente natural.


Por outro lado, Freud adicábase ao estudo de fenómenos máis observables, aínda que tamén faltos dunha base completamente científica, estudou a importancia das fases de desarrollo e a topografía do cerebro.

Por estas diferenzas nas bases das súas respectivas teorías e a aparente incapacidade do doctor Jung por rexeitar toda parte de superstición, ambos víronse obligados a cortar coa sua relación profesional e de amizade.



BIBLIOGRAFÍA

sábado, 13 de enero de 2018

“Un método perigoso” é unha historia que transcorre en vésperas da I Guerra Mundial. Carl Jung ensaia a psicanálise, elaborada por Sigmund Freud, con Sabina Spielrein. Esta moza rusa, cun diagnóstico de histeria, revela unha infancia plagada de humillacións e malleiras ligadas a un inquietante elemento sexual. Isto apoia a teoría de Freud que relaciona a sexualidade cos trastornos emocionais, polo que Freud ve en Jung un herdeiro intelectual, ata que comezan a aparecer certas discrepancias entre eles. TRAILER

Unha das escenas desta película recolle a más coñecida das diferenzas entre estos dous investigadores da psique humana.Jung estaba en gran parte de acordo coa “teoría sexual de Freud”, pero se negaba a cerrar campos de investigación como a parapsicoloxía ou a autenticidade dos entonces chamados “fenómenos ocultos”. Freud, pola contra, afirmaba que a psianálise era un tema moi asediado e que sería perigoso desviarse. ESCENA

Por tanto, Freud defendía a idea de cinguirse ao estrictamente científico e esquecer os “misticismos”, os cais os consideraba meras especulacións. Mentres que Jung estaba muy interesado noutros temas como os ditos anteriormente e non os vía como un obstáculo para o estudo que tiñan en común.



 
Bibliografía I
Bibliografía II
Bibliografía III