Mostrando entradas con la etiqueta un método peligroso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta un método peligroso. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de enero de 2018

Un método perigoso // Disputa entre Jung e Freud

Disputa entre Jung e Freud

Resumen da película

Antes de nada, insértovos un link no que poderedes ler un resumo da película por si queredes porvos en situación.

http://www.tecuentolapelicula.com/peliculassz/unmetodopeligroso.html


Tráiler:


Disputa entre Jung e Freud

Para entender a disputa que estos psicoanalistas tiveron, vou comezar por presentar algunhas das diferenzas nas súas teorías.


FREUD
-O INCONSCIENTE : Posúe as pulsacións máis primitivas e reprimidas do ser humano movilizado por unha enerxía chamada líbido.
-LÍBIDO: Enerxía sexual.
-ESTRUTURA PSÍQUICA: Divídese en consciente, preconsciente e inconsciente.

JUNG
-O INCONSCIENTE: É onde está todo aquilo que fai ao home un ser creativo e en búsqueda do seu autodesarrollo.
-LÍBIDO: Enerxía psíquica máis xeral e vital, mais non é netamente sexual.
-ESTRUTURA PSÍQUICA: Inconsciente e consciente colectivo.

O doctor Jung explica parte das súas teorías con unha base bastante inclinada cara a superstición e o misticismo con ideas como a parte colectiva do inconsciente, que todo o mundo comparte de xeito completamente natural.


Por outro lado, Freud adicábase ao estudo de fenómenos máis observables, aínda que tamén faltos dunha base completamente científica, estudou a importancia das fases de desarrollo e a topografía do cerebro.

Por estas diferenzas nas bases das súas respectivas teorías e a aparente incapacidade do doctor Jung por rexeitar toda parte de superstición, ambos víronse obligados a cortar coa sua relación profesional e de amizade.



BIBLIOGRAFÍA

viernes, 27 de octubre de 2017

A represión das fantasías sexuais


Hoxe gustaríame falar das fantasías sexuais e a represión destas enfocándoo na película que vimos recentemente en Psicoloxía, Un método perigoso.




Otto Gross afirma na película que os instintos sexuais non deben tentar controlarse e que a sexualidade debe de ser aberta e polígama. Con todo, polo feito de vivir en sociedade axustámonos a unhas normas que ditan o que é normal e o que non acerca deste campo. Por iso, é común que por sentimentos de culpabilidade rexeitemos estes pensamentos e tentemos evitalos. Pero moitos estudos afirman que as parafilias sexuais teñen a súa orixe nestas fantasías que se suprimen e fanse máis fortes por estar prohibidas, o cal non fai máis que empeorar o problema.

Centrémonos no caso de Sabina Spielrein tal e como se mostra na película. Ela sente desexos sexuais masoquistas por un trauma infantil, concretamente os abusos do seu pai. Débense reprimir e tentar facelos desaparecer ou se debe tentar que a paciente os acepte e deixe de sentirse culpable? Un dos métodos usados que se demostrou máis efectivo é o modelo cognitivo- conductal, no que se utilizan estímulos negativos para reducir ou eliminar o comportamento. O principal problema disto é que en moitos casos non fai máis que causar máis represión que non fai máis que alimentar a parafilia. Pero permitir que a paciente se entregue aos seus desexos parece algo perturbador tendo en conta a orixe destes, ademais de que poden ser perigosos fisicamente en moitos casos



Atopar a raíz do problema psíquico de Spielrein é complicado pola culpabilidade e vergoña que ela sente pola súa excitación e pensamentos acerca das súas fantasías. Se as prácticas das súas fantasías fosen socialmente aceptadas, quizá esta culpa desaparecería e con ela os problemas psicolóxicos que estas conveñen. Jung acaba por deitarse con ela e levar á vida real as súas fantasías, o que a pesar de dar renda solta á parafilia non parece prexudicala, mesmo parece axudala a superar os seus propios prexuizos e problemas.

Para finalizar gustaríame engadir que, aínda que historicamente a película non estivese axustada do todo á realidade, paréceme que nos mostra un enfoque interesante na psicoloxía e na psicanálise ademais de arroxarnos algo de luz acerca do papel da sexualidade nos trastornos psicolóxicos segundo Freud.

Fontes:
Biografía de Sabina Spielrein y biografía de Otto Gross.
Acerca do masoquismo sexual e da sensación de culpa en las fantasías sexuales.
Acerca de Un método peligroso.

Iván Castro Valledor