miércoles, 7 de marzo de 2018

"Memento"

A película de "Memento" trata o tema da memoria. Máis concretamente a enfermidade da amnesia anterógrada. O protagonista, Leonard, sufre desta doenza mental dende que supostamente, un home golpeáralle na cabeza. O mesmo home que entrara na súa casa e matara á súa muller. Durante o transcurso da película el intenta averiguar a identidade deste indivíduo para vingarse, pero élle moi difícil ao non poder crear recordos novos a partir dese fatídico día. TRAILER


 A historia preséntase dividida en dúas partes. Por unha banda temos o pasado da vida de Leonard que, como calquera outra historia, vai cara diante no tempo e recoñecémola por estar en branco e negro. Nesta parte inclúese a historia paralela dun home chamado Sammy Jankis que tivera unha relación laboral co protagonista. Por outra banda está o presente de Leonard, durante o cal vemos como realiza a súa investigación. Esta está a cor pero evoluciona cara atrás no tempo.


Este feito axúdanos a poñernos na situación dunha persoa que sufre de amnesia anterógrada: sabemos o que está ocorrendo pero non o que acaba de pasar uns minutos antes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario