martes, 6 de marzo de 2018

A identidade de Leonard e a realidade

A película Memento pareceume unha interesante proposta, tanto a nivel cinematográfico como a nivel psicolóxico. O enfoque polo que vemos a película ''do revés'' (comezando dende o final dos feitos e retrocedendo no tempo) axúdanos a simular a enfermidade de Leonard, que sufre amnesia anterógrada pola cal non pode xerar novos recordos. Mediante tatuaxes e fotografías con anotacións intenta buscar o asesino e violador da súa muller, argumentando que ''os recordos son imperfectos, pero as fotos non''.



A memoria é un dos grandes misterios do ser humano. Pero que queda cando a arrebatas dunha persoa? A memoria é o elemento constructivo da propia identidade, pero Leonard realiza unha disociación do seu propio pasado e non asume as súas accións. Ao mesmo tempo, ao non poder crear novos recordos, podemos dar por suposto que a súa propia identidade é estática e permanente; nunca ten novos recordos cos que constrastar, as súas reaccións son as mesmas unha e outra vez.

Sen embargo, Leonard ten un mecanismo para facilitar a súa vida: as rutinas e os hábitos, que lle permiten facer cousas coma mirar os bolsillos en busca de fotos de forma instintiva. As fotos e notas sírvenlle coma sustituto dos recordos, e el mesmo di que son mais fiables que estes. Pero a medida que avanza a película vemos que estos recordos non son tan fiables como pensaba, pois vive nunha eterna mentira creado por si mesmo (nun momento no que é consciente do que fai) por non asumir a accidental morte da súa muller. Para disfrazar a farsa crea un personaxe, Sammy, ao que lle atribue a súa propia vida.



A vida de Sammy é contada en varias ocasións da película por Leonard. Sen embargo esto ten un fallo: a asociación ca enfermidade fíxose tras o golpe, pois non é posible que fora antes xa que Leonard non tiña a enfermidade. Aínda así, suponse que non pode crear novos recordos, e entón debería olvidar unha e outra vez a historia. Non o fai, pero esto pode explicarse polas rutinas previamente mencionadas: a falsa historia de Sammy é contada unha e outra vez, recordando a súa propia vida sen ser consciente de elo, ata o punto en que chega a ser case instintiva coma o propio xesto de buscar as fotografías.

A película pareceume un bo exemplo do que a mente humana pode facer para non asumir a realidade. A identidade estática de Leonard paréceme un factor interesante e digno de estudo, ademais de ser un elemento innovador no ambiente cinematográfico, que adoita amosar a amnesia retrógada en vez da anterógrada.




Bibliografía:
https://en.wikipedia.org/wiki/Memento_(film)
https://en.wikipedia.org/wiki/Anterograde_amnesia
http://www.scielo.org.ar/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1666-485X2008000100003


No hay comentarios:

Publicar un comentario