Leonard "Lenny" mostrando unha das súas fotografías |
"Memento" conta a historia de
Leonard, o protagonista, este presenta unha estraña enfermidade que non lle permite
gardar novos recordos na súa mente durante máis de 2 segundos, polo tanto é difícil
de entender o mundo no que este se encontra.
Por isto o que se ve na
película son como diferentes realidades nunha mesma historia, por un lado a
realidade caótica na que se encontra o protagonista que incapaz de xerar novo
recordos, deixa mensaxes no espello, fai fotografías coa polaroid ou mesmo se
fai tatuaxes para que non se disipe da súa mente o obxectivo que intenta cumprir.
Por outra banda un mundo de
mentiras, que lle fan crer as persoas cas que se relaciona, xa que, utilizan a
súa enfermidade por conveniencia propia, por exemplo o recepcionista do hotel no
que se hospeda tenlle como mínimo dúas habitacións alugadas e segundo parece cóbralle
moito máis do que debería ademais Teddy tenta poñelo en contra de Natalie e
esta de Teddy, polo que realmente chega un punto que xa non sabes quen di a
verdade.
Por último cabe destacar que o recurso caleidoscópico utilizado por Christopher
Nolan, no cal se perde a estructura lineal da historia, axuda ao espectador a
entender mellor a dificultade que tería vivir sen poder crear novos recordos.
Se queremos apreciar un
resumo da película ou un trailer podemos facelo aquí.
Se alguén quere consultar a Biografía deste
magnífico director como é Christopher Nolan pode facelo aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario