Na película O milagre de Anne Sullivan móstrase a historia dunha nena que a idade de 18 meses perde completamente a audición e a visión debido a unha enfermidade. Incapacitada para comunicarse ca súa familia, convértese pronto nunha cría salvaxe e indisciplinada que fai o que quere e consigue os seus obxectivos mediante rabietas, que ninguén afronta por ''compasión''.
Ao comezo da película, antes da chegada de Anne Sullivan, podemos ver con claridade un estado natural de Hellen, sen intervención da cultura á que non pode acceder debido a súa incapacidade de comunicarse, polo que é agresiva e ''mala''; os intentos de calmar a súa cólera tampouco colaboran á súa disciplina, e mediante un ensino condicionante inconscente a nai ensínalle que as súas rabietas son aceptables, como podemos ver cando lle da un caramelo tras ferir a Sullivan, nun intento de calmala.
Sullivan proponse disciplinar á nena e ensinarlle a linguaxe, pero pronto dase conta de que será imposible na casa, pois Hellen non fai mais que recibir reforzos positivos ou simplemente indiferenza cando se lle debería ensinar dalgunha maneira que a súa conducta é incorrecta, e que hai que cambiala. Fai o primeiro gran intento de cambiar esta conducta na escena da pelea durante a cena, polo que alguén se enfrenta a nena e aos seus desexos por primeira vez, deixándoa asustada da mestra e refuxiándose no amor compasional da súa nai, ese amor que lle impide aprender.
Cando se mudan á casa apartada, os reforzos positivos desaparecen e pouco a pouco ensinar a Hellen vólvese mais sinxelo. A pesar das súas rabietas iniciais, ao final a nena non ten mais remedio que obedecer o que lle di a súa mestra, todo isto mentres ela continua a ensinarlle as palabras que aínda non comprende. Ao cabo de tan só unha semana a nena está disciplinada pero aínda non entende a linguaxe, o cal frustra a súa mestra.
Co regreso das dúas a casa, os reforzos positivos regresan e Hellen fai un novo intento de rebelión durante unha das comidas, tirando sucesivamente a servilleta ao chan para finalmente ter unha rabieta e derramar un xarrón de auga na súa mestra. A familia pídelle compasión, pero Sullivan oblígalle a sair a rechear o recipiente a pesar da súa cólera.
É entón cando a nena por fin entende a súa primeira palabra, mentres bombea da fonte: auga. Igual que un neno ao que lle tes que dicir moitas palabras para que por fin comprenda a relación destas con obxectos reais, Hellen comprende tras miles de palabras deletreadas na palma da súa man. Así, a nena da o primeiro paso na aprendizaxe do linguaxe complexo, a pesar da súa avanzade idade para aprendelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario