miércoles, 7 de marzo de 2018


A película Memento, dirixida por Christopher Nolan no ano 2000, ademais de ser interesante e entretida para o espectador, trata de mostrarnos a través da súa estructura como funciona o cerebro do protagonista, o cal sofre amnesia anterógrada.
              
               Resultado de imagen de memento

Leonard é un home que debido a un golpe no lóbulo temporal non pode xerar novos recordos e o último que lembra é ver morrer a súa muller. Na película as escenas non teñen unha estructura lineal coherente, hai contunios “flashbacks” e escenas en blanco e negro (nas que se conta unha parte diferente da historia).  Para continuar coa súa vida e cumplir o obxetivo de atopar ao asasino da súa muller, utiliza diferentes métodos de repetición como escribirse notas sobre o que ten que facer, sacar fotos do que debe coñecer, facerse tatuaxes…

O protagonista está convencido de que os feitos son máis fiables que os recordos (por eso as fotos e as anotacións sírvenlle de axuda e confía máis no que din as notas que o que lle contan as personaxes). A medida que avanza a película podemos comprobar que non é así, xa que a realidade dun suceso depende da perspectiva e das circunstancias, que cambian segundo o contexto no que Leonard recibe a información. As outras personaxes aproveitanse del e da súa enfermidade para o seu propio beneficio e intentan que mesture os recordos que ten.

                 Imagen relacionada

Antes do accidente traballaba de investigador de fraude de seguros e coñece a un home do que fala durante toda a película: Sammy Jankis, que sufría a mesma enfermidade que el. Matou a súa muller involuntariamente, xa que esta quería que Sammy superase a súa enfermidade pedíndolle que lle inxectase a dosis de medicina que precisaba para a diabetes, ata que quedou en coma. Esta historia é relevante na película porque chega un momento no que non se sabe cal é a verdadeira historia do protagonista. Lenny chega a pensar que el era como Sammy e que todo o que constrúe día a día non son máis que mentiras.



No hay comentarios:

Publicar un comentario