lunes, 2 de abril de 2018

"O milagre de Anne Sullivan"

"O milagre de Anne Sullivan" é a historia completamente real dunha nena (Hellen Keller) que, ao pouco de nacer, se queda xorda, cega e muda, como consecuencia dunha forte febre. Esta condición imposibilitáballe relacionarse facilmente e por suposto actuar seguindo as pautas dunha cultura. Ademáis, os seus pais consentíanlle un comportamento agresivo e caprichoso por pena, o que a facía aínda máis "salvaxe".


Decidiron chamar a unha especialista que foi a súa institutriz durante moitos anos. Esta foi Anne Sullivan a cal padecía dunha cegueira parcial. O primeiro no que traballou foi en inculcar unha educación e unhas pautas básicas de comportamento a Hellen, o que fixo que a posterior aprendizaxe fose más fácil. De todas formas, íalle ensinando algunhas palabras deletreadas coas mans para que as fose relacionando pouco a pouco cos significados.

A aprendizaxe consistiu basicamente na teoría do conductismo de Skinner, con reforzos positivos e negativos dependendo da súa conducta. Cando por fin Hellen entendeu o por que de eses xestos que tanto repetía Anne mostrou moito entusiasmo por seguir aprendendo.


Grazas á sua intelixencia e o seu afán por aprender, Hellen conseguiu grandes cousas como vocalizar as palabras, percibindo a vibración destas ao saír da boca e a forma dos beizos; traballar nunha escola de xente con problemas como o seu..., sobretodo facerse un oco na sociedade e non sentirse aislada do resto do mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario