domingo, 22 de abril de 2018

Inocencia interrumpida

A película Inocencia interrumpida, inspirada nas memorias da autora estadounidense Sussana Kaysen, relata o paso dunha xoven por un centro psiquiátrico no que é diagnosticada cun trastorno da personalidade ''borderline''. Alí coñecerá a unha serie de mulleres con diversos trastornos e trabará unha amizade con elas, especialmente con Lisa, diagnosticada de sociopatía.

A pesar das licencias artísticas que se toma o director polo que modifica algún que outro aspecto mencionado no libro orixinal, é unha película esclarecedora acerca dos trastornos e enfermidades mentais. A través da película podemos recoller exemplos destes.

Susanna Kaysen, a protagonista, é diagnosticada cun Trastorno Límite de Personalidade tras ingresar no psiquiátrico por inxerir un bote de aspirinas. Este trastorno fai xeralmente que a persoa presente incertidumbre acerca da propia identidade, ademais de ver as situacións de maneira extrema (ou todo é bo ou todo é malo). Isto podemos aprecialo na personaxe, que pronto terá problemas ca súa personalidade, e mostrará síntomas de impulsividade (como os que a leva a deitarse con dous homes no mesmo día).



Lisa, a mellor amiga de Susanna durante a súa estancia no psiquiátrico mostra un trastorno antisocial da personalidade, e non só non oculta o seu diagnóstico senon que se enorgullece del. A característica mais destacable deste trastorno é a falta de empatía e de culpa, que na película fará que Lisa leve a unha compañeira ao suicidio e que non lle importe demasiado unha vez atopado o cadáver.

Polly, a diferencia das outras dous mulleres previamente mencionadas, non padece un trastorno senon una enfermidade: ten esquizofrenia, caracterizada polas alucinacións auditivas e a paranoia. As persoas esquizofrénicas teñen grandes dificultades para adaptarse á sociedade e valerse por si mesmas, pero Polly presuntamente saldrá do psiquiátrico unha vez rematada a película.

Na película tamén se mostran dous exemplos de trastornos alimenticios. Janet ten anorexia, trastorno que causa perdas de peso excesivas nas persoas que o padecen e incluso unha visión alterada do propio corpo. Polly pola contra é adicta aos laxantes e se alimenta exclusivamente de polo.

Por último, a compañeira de habitación de Susanna, Georgina, sofre pseudoloxía fantástica ou mentirosa compulsiva. Este trastorno fai que unha persoa minta de forma compulsiva acerca do mais mínimo detalle da súa vida, as veces sen ser plenamente consciente de que o está facendo. As mentiras non adoitan ser moi consistentes, polo que co tempo se desmoronan e provocan falta de confianza na persoa, que adoita perder as súas relacións personais.



Bibliografía:
https://lamenteesmaravillosa.com/inocencia-interrumpida/
https://es.wikipedia.org/wiki/Inocencia_interrumpida_(memoria)
https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/000935.htm
https://medlineplus.gov/spanish/schizophrenia.html
https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/000362.htm
https://www.grupodoctoroliveros.com/mitomania-o-pseudologia-fantastica-la-vida-en-un-mundo-paralelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario