sábado, 21 de abril de 2018

Inocencia Interrompida

A historia da película xermano-americana transcorre no ano 1967, en Estados Unidos. Está basada nas memorias, publicadas no ano 1993, de Susanna Kaysen escritas durante os anos que estivo ingresada nun hospital psiquiátrico. A película fai moito uso dos flash-backs, que exlican a situación actual da protagonista, Susanna Kaysen.

Contextualizada na sociedade norteamericana dos anos 60, caracteriazada por temas como a liberación da muller ou a revolución cultural e musical, mostra sobretodo as marcas da Guerra de Vietnam (cando o chico co que se vía Susanna é reclutado), o movemento "hippie" e as drogas (cando Susanna e Lisa se escapan do psiquiátrico). TRAILER

Susanna Kaysen é unha chica de 17 anos, moi intelixente, que soña con ser escritora, pero moi solitaria, depresiva, introvertida e pouco comunicativa coa súa familia. Entra nunha crise existencial e intenta suicidarse inxerindo moitas pastillas con vodka. Ela négao, explicando que era para aliviar a súa dor de cabeza pero a ingresan no hospital psiquiátrico Claymoore.

Alí entabla relación coas outras internas e especialmente con Lisa, a máis conflictiva, cuxa personalidade asombra a Susanna. A súa relación non vai a resultar moi sana, posto que Lisa esta moi enferma, ainda que Susanna non se da conta ata máis adiante. Delas nace unha forte amizade e chegan a escaparse de Claymoore. Cando isto ocorre, Susanna comeza a percatarse da gravidade de enfermidade de Lisa, polo que volve ao centro. O pilar de Susanna, as personaxes que máis lle van a axudar, serán a súa terapeuta a Dra. Wick, e a enfermeira Valerie.

Os personaxes que atopamos na pelicula e os seus trastornos psicolóxicos son:

-Giorgina: mentirosa patolóxica.
-Polly: ten un trauma por desfigurarse a cara.
-Janet: sufre de anorexia.
-Daysi: ten unha especie de trastorno alimentario que ven dado pola relación incestuosa que tivo co seu pai.
-Lisa: é unha sociópata. Escápase do hospital reiteradas veces pero sempre volve.
-Susanna: sufre de trastorno límite da personalidade, que se caracteriza sobretodo pola inestabilidade emocional e as relaciones interpersoais caóticas.

Susanna, ao longo da película, cuestiónase os diagnósticos e os métodos que se relaizan no centro (fármacos, electroshock, ...). Intenta comprender a súa enfermidade, que ao principio nega rotundamente pero que pouco a pouco vai aceptando e intentado mellorar, o que fai que tras 18 meses logre saír.

Por último creo que a película expresa a idea de que unha enfermidade mental non é fácil, nin de diagnosticar, nin de tratar, nin de curar; e que neste campo non todo é branco ou negro. Algunhas das seguintes frases parecéronme interesantes:

"Estar tolo non é estar desfeito, nin albergar un escuro segredo; é ser coma tí e coma eu, pero amplificado"

"As veces a única forma de permanecer sano é volverse un pouco tolo"

(escritas por Susanna Kaysen)

Biografía: https://es.wikipedia.org/wiki/Lisa_Rowe
https://mraquin.files.wordpress.com/2017/04/inocencia-interrumpida-presentacic3b3n.pdf
https://es.wikipedia.org/wiki/Inocencia_interrumpida

No hay comentarios:

Publicar un comentario