viernes, 20 de abril de 2018

O afecto non impide a disciplina


Helen aprende a distinguir as expresións faciais

Na película "El milagro de Anne Sullivan" contase a historia de Hellen Keller, a protagonista, que tras sufrir unha forte febre de nena queda cega, xorda e muda. Esta vive no seo dunha familia de posibles pero non se comporta dunha forma apropiada senón como unha nena malcriada. Isto é así ata a chegada de Anne Sullivan, un personaxe moi importante que actuará como unha profesora e fará que esta rapaza comece a entender o significado das cousas e a maneira na que estas se executan.

Na historia vese como en moitos momentos da acción, cando a nena fai algo malo ou non se comporta como debería é a nai a que sae na súa defensa. Por outro lado hai unha visión xeneralizada de que Helen non ten solución e que non se pode facer nada con ela, ata o punto de que o pai pensa que o mellor para poder vivir tranquilos é mandala a un “centro especializado”.

Pola contra temos a visión que nos ofrece Anne , esta opina que a nena se pode curar sempre e cando a traten como un ser humano mais e non como un ser inferior. Desta maneira observamos que o afecto que lle teñen os pais se parece máis a lástima có afecto real e que este non ten porque estar desligado da disciplina e o saber comportarse.

Anne aprecia a Helen pero precisamente por iso pretende ensinarlle o mundo e como vivir en harmonía coa súa familia. Para isto require de valentía, para enfrentarse ao problema; persistencia, para non rendirse a medio camiño e recoller peores resultados ca os iniciais e sobre todo o factor máis importante é a esperanza de obter bos resultados nalgún momento do proceso. 


Se queremos ver un trailer desta película podemos facelo aquí.
Se alguén quere saber mais do seu director, Arthur Penn, pode consultar a súa biografía aquí.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario