sábado, 21 de abril de 2018

Trastornos psicolóxicos


Susanna explícalle a Lisa que ela tamén pode sair de alí. 


Na película "Inocencia interrumpida” contase a historia de Susanna Kaysen, a protagonista, esta ten que ser ingresada de urxencia nun hospital por haber inxerido un tubo enteiro de aspirinas, según ela para a súa dor de cabeza. Despois deste episodio e tras ver a un psicólogo, seus pais deciden que o mellor é que ingrese temporalmente nun manicomio. Neste lugar será onde coñecerá a outras rapazas con trastornos psicolóxicos que lonxe de curala parecen empeorala.

 A Susanna diagnostícanlle trastorno límite da personalidade, tamén chamado trastorno borderline, este caracterízase por ter inestabilidade emocional, inseguridade ou vulnerabilidade, así como relacións caóticas cos demais, nas cales se chega á dependencia, como vemos na película na relación que mateñen entre Sussana e Lisa.

Lisa Rowe sufre de sociopatía, tamén coñecido como trastorno disocial da personalidade que é a pérdida da importancia das normas sociales e dos dereitos individuales. Este caracterízase pola ausencia de empatía, unha amplia capacidade para mentir por placer, así como agresividade e impulsividade. Todo isto está moi ben representado na película dende a maneira na que Lisa se comporta ata as súas reiteradas escapadas do manicomio.

Ademais destes dous personaxes tan ben caracterizados atopamos outros transtornos como o de Georgina Tuskin, que sufre mitomanía ou mentira patolóxica; o de Daisy Randone, que presenta adicción ós laxantes e sufriu abuso sexual por parte de seu pai, ademais de que só come o polo que este lle manda e o de Polly Clark, que ten un trauma por unha forte queimadura que ten na cara e que inconscientemente intenta tapar, comportándose como unha nena pequena.

Se queremos ver un trailer desta película podemos facelo aquí.
Se nos interesa saber máis sobre algúns destes transtornos podemos facelo aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario